viernes, 19 de junio de 2020

VACACIÓOOOOOOOOOOOOOOONS!!!!!!!!!!!!!!

Bos días chic@s!!

Hoxe damos por rematado este curso tan raro que tivemos... espero que pasedes un verán fantástico e que teñades moitas cousas que contar á volta de vacacións porque tocará poñernos ao día, pero non vos preocupedes porque traballastes moi ben

Para despedirnos hoxe faremos a última videochamada do curso todos xuntos.

E como vos prometín, aquí tedes a vosa composición onde están todos os vosos avatares.

BO VERÁN!


jueves, 18 de junio de 2020

OLA CHIC@S!!

Que tal? Mañá é o último día deste curso tan extraño... Por iso hoxe quero que pensedes nos momentos que pasamos este curso. 

Pensade no mellor momento do curso, algo que aprendestes ou algún logro... 

Non me tedes que mandar nada pero pensade hoxe nestas cousas, aínda que foi un curso raro, espero que teñades recordos alegres do 1º e 2º trimestre.

Ata mañá!!! 

miércoles, 17 de junio de 2020

OLA CHIC@S!


Hoxe temos otro pequeno xogo. Trátase dunha sopa de letras do verán. Tedes que buscar 8 palabras relacionadas co verán, e marcar cada unha das letras que forman esas palabras.

Seredes capaces de atopalas todas?

SOPA DE LETRAS DE VERÁN

martes, 16 de junio de 2020


BOS DÍAS CHIC@S!


Hoxe temos un xogo moi especial que creou a profe Tamara para nós.

Trátase dun BREAKOUT. Temos que pasar unha serie de probas para conseguir a combinación correcta para escapar do cole.

Seredes capaces de escapar?

XOGO ESCÁPATE DO CEIP CONMENIÑO

lunes, 15 de junio de 2020

BOS DÍAAAAAAAAS!

Ola chic@s! Esta semana comezamos facendo unha tarefa especial.


A tarefa de hoxe será crear o voso AVATAR. A imaxe que vedes é o meu avatar. Podedes personalizar o pelo, a forma da cara, os ollos, o nariz...

O avatar créase nunha páxina web. Cando o  teñades listo, abaixo de todo aparece unha opción que pon "descargar", tedes que pinchar ahí na opción de 200x200 para descargalo e despois envialo ao meu correo electrónico judith.souto@edu.xunta.es 

Cos vosos avatares farei unha creación que vos ensinarei o venres. 

domingo, 14 de junio de 2020

OLA CHIC@S!


Hoxe non vos vou deixar o horario da semana, como normalmente fago os domingos. Pois a próxima semana algunhas tarefas serán sorpresa e son pasatempos, xa non faremos máis tarefas das asignaturas escolares.

En lugar de publicar as tarefas, ensínovos as obras de arte que me mandastes algúns a semana pasada. 

Mirade que pinturas rupestres máis chulas. Adiviñades de quen é cada debuxo?