sábado, 28 de marzo de 2020

CHEGOU A FIN DE SEMANA!

Boas tardes chic@s, chegou o sábado e en lugar de recordarvos TAREFAS hoxe quero propoñervos algo para que vos poidades entreter esta fin de semana.

Xa sabedes que eu debuxo moi mal, pero por moi mal que se nos dé algo, sempre podemos aprender e mellorar. Por iso, esta mañá estiven facendo un debuxo que estoy segura de que vós o podedes facer moito mellor ca min. É un debuxo paso a paso dun MAPACHE.

Se me mandades os vosos debuxos a semana que vén os podo subir ao blog.

Para facelo necesitaredes os seguintes MATERIAIS:

  • Un folio ou papel cuadriculado
  • Lápis
  • Goma
  • Regra
  • Rotulador negro
  • Ceras de cores

Déixovos unhas fotografías cos pasos para que vexades o proceso e o resultado

Tamén podedes ver outros exemplos pinchando aquí debaixo.

     
                                                                                                                             








No hay comentarios:

Publicar un comentario