COMEZAMOS A SEMANA!
Bos días chic@s, espero que todos estedes ben e con ánimo para comezar esta semana.
Para hoxe LUNS temos as seguintes tarefas:
- GALEGO: rematar tarefas pendentes. Algúns tiñan por rematar algunha das 2 fichas de galego que fixemos o último día na clase e outros a receita do cóctel que fixestes na Lanzada. A tarefa de hoxe é rematar o que teñades pendente. Máis abaixo vos deixo un modelo dos pasos para escribir a receita.
- MATEMÁTICAS: para hoxe temos 2 problemas nos que tedes que pensar un pouco para saber cal é a operación que temos que facer. Como moitas veces facemos na clase, podedes axudarvos facendo un debuxo.
*Podedes comentarme neste blog as vosas dúbidas ou contarme o que queirades destes días.
No hay comentarios:
Publicar un comentario