XA É VENRES!
Bos días a tod@s!!
Recordo as TAREFAS para hoxe, soamente temos tarefas de 2 materias:
- GALEGO: temos que facer 2 actividades na libreta. Recordades o que son os demostrativos? Os DEMOSTRATIVOS son palabras que acompañan ao substantivo (en galego é SUBSTANTIVO e en castelán SUSTANTIVO) e nos indican a distancia (cerca, distancia media ou lonxe). Por exemplo: este lápis, ese caderno, aquela cadeira. Aquí vos deixo un cadro resumo para repasar.
*Recordade escribir o enunciado con boli e a resposta con lápis!
Se queredes podedes poñer a data antes de comezar, a data tamén con bolígrafo.
1. Copia o seguinte texto e rodea os
determinantes demostrativos que atopes.
Na miña
habitación estaba esa mochila que tanto me gustaba. Tiña todo o que eu quería: esa
cremalleira con purpurina tan bonita, aquel corazón no extremo da cremalleira e aquelas
asas de cor azul. Tamén tiña ese debuxo grande e precioso dunha abella. Dentro,
Arancha levaba un montón de cousas: o estoxo, os libros, e aquela flauta para
música que lle regalara a súa tía.
2. Debuxa a mochila e as cousas que leva dentro
Arancha.
- CIENCIAS SOCIAIS: xa rematamos o tema dos alimentos e fixemos xogos de repaso. Así que imos comezar un tema novo que é moi sinxelo, é o tema 5 que se chama "Vivimos en comunidade". Hoxe imos leras páxinas 68 e 69 do libro e escribir na libreta o título do tema e dúas tarefas. Ollo! Os exercicios non veñen no libro, son dúas preguntas. Eu fixen tamén as tarefas para que vexades un exemplo.
*No caso de nen@s con pais separados (é algo normal, que pasa moitas veces) papá e mamá aínda que non vivan xuntos forman parte da vosa familia, tamén a nova parella do voso pai ou da vosa nai pode considerarse parte da familia. Nese caso na pregunta nº2 podedes poñer:
Na casa de mamá
Mamá: cociña e lava os pratos.
Pedro (parella de mamá): limpa a casa.
Meu irmán: pon e recolle a mesa.
Eu: tiro o lixo.
Na casa de papá
Papá: cociña e lava os pratos.
María (a parella de papá): limpa a casa.
Eu: poño e recollo a mesa

Hola profe, gustoume moito veros no video, gracias un bikiño!!!
ResponderEliminarHola Antonio, esta tarde poño o vídeo tamén aquí neste blog. Ás 8 subo o vídeo dos profes e poño as vosas fotos do arco da vella vale?
ResponderEliminarBiquiños!