BOS DÍAS!!!!
Hoxe en GALEGO imos poñerlle un pouco de rock ás TAREFAS. Seguimos aprendendo sobre os verbos pero con música. Tedes que escoitar a canción que vos deixo e atopar as palabras que se vos piden. Non tedes que escribir toda a canción na libreta, soamente desfrutar e atopar esas palabras. Os que queiran e teñan oportunidade poden imprimir a ficha.
*Tamén vos pido que participedes na elaboración dun debuxo para o día das letras galegas, que é o 17 de maio. Tedes que pinchar onde pon LETRAS GALEGAS (ahí explícase o que tedes que facer) e despois pinchar on de pon ""leer más" ahí atoparedes o trociño do conto de Ricardo Carvalho (pon 3º) do que temos que facer o debuxo, fala dos galos, deberiades pintar un galo ou varios... de todos os debuxos que me mandedes entre todos os mestres escolleremos un e faremos un libro cos debuxos elixidos de todos os cursos.
Non pasa nada se o voso debuxo non é o elixido para o libro porque a min encántanme todos e os subirei ao blogue este sábado! Así que como xa sabedes o podedes enviar a judith.souto@edu.xunta.es

En CIENCIAS NATURAIS imos aprender sobre as propiedades dos materiais e dos obxectos.
Ánimo a tod@s!
No hay comentarios:
Publicar un comentario