QUE TAAAAAAAAAAL?
Bos días! Xa é xoves, que rápido pasa a semana!
Onte aprendimos que son as palabras POLISÉMICAS así que en GALEGO imos facer un encrucillado online de deste tipo de palabras.
Tedes que acceder ao xogo e pinchar no número de palabra, por exemplo, pinchades no número 1 e escribides co voso teclado a palabra, pódese borrar tamén, se vos equivocades.
En CIENCIAS NATURAIS imos facer unhas preguntiñas na libreta e un xogo sobre os materiais.
Como novidade os adianto a tarefa que nos propón o Equipo de Dinamización da Lingua Galega para celebrar o Día das Letras Galegas deste ano, que é o día 17 de Maio, O que teriades que facer é un debuxo para "ilustrar" unha páxina dun libro que imos facer entre todos. Tedes que pinchar no botón leer + e ler o trociño do libro que se corresponde a 3º, e facer un debuxo sobre ese trociño do libro. Tedes ata o día 15 de maio para participar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario