martes, 9 de junio de 2020

BOS DÍAS DE NOVO!

Que tal chic@s? Seguimos a semana cunha tarefa moi artística. 
A semana pasada vimos "a Prehistoria" que é a etapa na que as persoas non sabían escribir nin ler, non había documentos "escritos". Por iso non temos moita información sobre a vida naquel tempo, pero si temos algúns restos para saber como vivían, por exemplo, as "pinturas rupestres" que se facían nas covas, onde se refuxiaban.

A tarefa de hoxe será que vos fagades unha versión de "pintura rupestre". Podedes pintar algúns animais, xente cazando con lanzas... Fixádevos que o fondo é marrón, non branco, podedes coller unha cartolina marrón ou pintar primeiro o fondo e facer as figuras nun folio, recortalas e pegalas.

Ánimo! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario